Diferencia entre revisiones de «Tratado de Verdún»

De Wikipedia, la enciclopedia libre
Contenido eliminado Contenido añadido
Deshecha la edición 36631986 de 77.27.39.80 (disc.)
Danie1996 (discusión · contribs.)
Deshecha la edición 36633715 de Alfonso Márquez (disc.)
Línea 1: Línea 1:
[[Ficheiro:Treaty of Verdun -es.svg|300px|thumb|As divisións do [[Imperio carolinxio]] segundo o '''Tratado de Verdún''' ([[843]]). Este mapa había sufrir importantes modificacións co [[Tratado de Mersen]] ([[870]]).]]
[[Archivo:Treaty of Verdun -es.svg|300px|thumb|As divisións do [[Imperio carolinxio]] segundo o '''Tratado de Verdún''' ([[843]]). Este mapa había sufrir importantes modificacións co [[Tratado de Mersen]] ([[870]]).]]


Coñécese como '''tratado de Verdún''' o acordo celebrado entre [[Lotario I]] do Sacro Imperio Romano Xermánico, [[Luís o Xermánico]] e [[Carlos o Calvo]], fillos de [[Ludovico Pío]] e netos de [[Carlomagno]]. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do [ [Imperio carolinxio]], o que foi permitido pola debilidade de seu pai.
Coñécese como '''tratado de Verdún''' o acordo celebrado entre [[Lotario I]] do Sacro Imperio Romano Xermánico, [[Luís o Xermánico]] e [[Carlos o Calvo]], fillos de [[Ludovico Pío]] e netos de [[Carlomagno]]. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do [ [Imperio carolinxio]], o que foi permitido pola debilidade de seu pai.

Revisión del 00:41 2 may 2010

As divisións do Imperio carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843). Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Mersen (870).

Coñécese como tratado de Verdún o acordo celebrado entre Lotario I do Sacro Imperio Romano Xermánico, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo, fillos de Ludovico Pío e netos de Carlomagno. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do [ [Imperio carolinxio]], o que foi permitido pola debilidade de seu pai.

Polo tratado de Verdún (843), os tres netos de Carlomagno desintegraron o Imperio. Carlos levouse as rexións occidentais do Imperio. Luís tomou para si as rexións orientais. Lotario, pola súa banda, pola súa ambición, obtivo as capitais imperiais: Roma e Aquisgrán, situadas nunha estreita franxa de terreo entre os dominios dos seus dous irmáns, que ía desde Italia ata o Mar do Norte.

O tratado tivo consecuencias políticas incalculábeis. Ademais de sepultar para sempre o soño dunha resurrección do [ [Imperio romano]] en Europa Occidental (que sería infrutuosamente buscado polo Sacro Imperio Romano Xermánico), creou a semente do que despois serían as nacións de Francia ao oeste (o territorio de Carlos, que por primeira vez recibe esa denominación en vez do tradicional nome de Galia) e Alemaña ao leste (os dominios de Luís). No referente ao territorio de Lotario, este desintegrouse bastante rápido, nun novo tratado celebrado o ano 870. O territorio de Lotario será coñecido na Idade Media como a Lotarinxia, denominación xeográfica que abarca Flandres (as actuais Bélxica e Holanda), as rexións francesas de Alsacia e Lorena, e a Italia setentrional. Esta colección de terras era demasiado inestábel para seguir unidas nun mesmo cetro, e non volveron desempeñar un papel unitario na historia universal.

Véxase tamén

es:Tratado de Verdún