Usuario:GalEusCat/Galego

De Wikipedia, la enciclopedia libre

PÁXINA EN DESENVOLVEMENTO

Son un mozo de 19 anos. Nacín n'A Coruña e vivín alí até que acadei a maioría de idade. Ó pouco de cumprir os dezaoito anos marchei ó País Basco a estudar enxeñeiría na Universidade de Navarra, ó campus de Donostia.

Ideoloxía política[editar]

  • Dereito á autodeterminación: penso que non cabe unha democracia que non recoñeza o dereito das nacións dentro do estado á autodeterminación. Se hai proxectos políticos que non son antidemocráticos que non poden levarse a cabo, penso que a democracia non é tal.
  • Ecoloxismo: Non cabe dúbida de que cómpre loitar por facer este mundo un pouco máis habitable e por tentar manter o pouco que queda de bo nel.
  • nacionalismo galego e patriotismo: Teño moi claro cal é o meu país, a miña nación, o pobo ó que pertenzo. Galiza é a miña patria, a miña lingua o galego, e vou loitar para que Galiza siga a ser nación e non pase a ser rexión diso que algúns chaman Hespaña.